VIDEO - Mar de fondo e mala visibilidade, os peores aliados dos recatadores
O mal tempo estivo esta semana a piques de causar varias desgrazas no mar. Unha sucedeu a 50 millas da Coruña e outra foi na costa francesa cun mercante español como protagonista. En ambas, foi preciso evacuar os seus tripulantes por aire. A intervención do Servizo de Gardacostas é fundamental en situacións coma esta. O seu traballo complícase estes días nos que o temporal dificulta os labores de rescate. O mar de fondo e a mala visibilidade son os peores aliados destes profesionais.